O alcalde, Manuel Penedo, tenta colocar veciños do municipio en tarefas de mantemento

Parados do Irixo son candidatos a traballar no AVE

Trazado do AVE ó seu paso polo Irixo, coas obras da base de mantemento ó fondo. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A base de montaxe-almacenamento e a estación de mantemento da liña do AVE entre Ourense e Santiago, ubicadas no Irixo, deberán estar operativas para o vindeiro 10 de decembro, xa que para esta data está anunciada a inauguración dese tramo por parte do Ministerio de Fomento. As previsións apuntan á creación neste centro duns 40 postos de traballo directos, e, por iste motivo, o alcalde do Irixo, Manuel Penedo, confía en conquerir que a maioría deles sexan ocupados por veciños do propio municipio.
Neste sentido, o rexedor manifesta que 'estou moi pendiente deste tema e vou a facer xestións ante a dirección do Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias) para conquerir un bó traballo para a xente do Irixo que se atope en situación de desemprego'. Manuel Penedo engade que 'nesta plantilla de 40 persoas hai postos cualificados, uns cinco ou seis, que supoño virán de fóra', pero o resto do persoal componse de vixiantes e operarios de limpeza e mantemento das vías, uns traballos que o alcalde considera poden desempeñar os propios veciños.


INVESTIMENTO

A nova infraestructura instalada para o mantemento do AVE no Irixo dará servizo ós 87 quilómetros de trazado entre Ourense e Santiago, e está ubicada no contorno da localidade de Lama do Campo, ocupando unha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados. O investimento que aportou o Ministerio de Fomento ascendeu a 3,3 millóns de euros. Manuel Penedo confía en que as xestións que vai a levar a cabo persoalmente ante o Adif sexan fructíferas, sobre todo tendo en conta que o emprego de ó menos 35 veciños reducirá case nun 40% o paro no municipio.

Te puede interesar