Piñor axudará ós escolares cos libros de texto e o material

O Concello de Piñor decidiu ampliar as axudas económicas para este curso 2012-2013 e por iso aprobou a modificación das bases polas que se rexiron durante os últimos seis anos. As solicitudes pódense presentar ata o vindeiro 23 de outubro, e nelas, ademais de destinarse ós cativos que teñan que mercar libros de texto, tendo en conta a situación de crise económica que están a sufrir a meirande parte das familias, as bases contemplan unha axuda directa para material escolar (libretas, mochilas, estoxos ou material funxible).
Está destinada a tódolos escolares, independentemente do seu nivel educativo (Educación Especial, Educación Infantil, Primaria, E.S.O, Bacharelato, ós Programas de Cualificación Profesional Inicial, PCPI, e Formación Profesional), sempre e cando as familias non superen un baremo de ingresos establecido e cumpran o resto de requisitos establecidos nas bases reguladoras.

As axudas para sufragar os gastos do transporte escolar mantéñense nas mesmas condicións que outros anos, destinándose a alumnos de Bacharelato e Formación Profesional, por seren ensinanzas post obrigatorias que requiren o pago do transporte por parte das familias, pero este ano tamén irán destinadas a estudantes de PCPI, que polos seus problemas de rendemento no eido escolar tiveron dificultades para obter a ESO, véndose na obriga de cursar un PCPI para continuar no sistema educativo.

Te puede interesar