Piñor pon en marcha a Escola de Familia dirixida ós pais

O Concello de Piñor pon en marcha da VI Escola de Familia, a escola de pais e nais municipal. Por sexto ano consecutivo e sendo conscientes das dificultades para educar na actualidade ós cativos, ofrécese esta iniciativa que pretende formar ós participantes en temas de especial actualidade, para saber como enfocalos cos máis cativos e afrontar as dificultades educativas na vida cotiá, ou no futuro próximo.
Durante un total de seis sesións trataranse varias temáticas coa colaboración de diferentes profesionais, pero ademais ofrecerase apoio educativo individualizado por parte da psicóloga municipal a tódolos participantes. Contarase con profesionais da Comandancia da Garda Civil de Ourense, a asociación APES e o Centro Quérote + de Ourense.

Te puede interesar