O PP de Carballiño critica ó goberno local por non pedir unha subvención

Concello de Carballiño.
photo_camera Concello de Carballiño.

O PP do Carballiño critica ao goberno municipal porque según afirma deixou pasar a oportunidade que o DOG ofrecía para poder mellorar as instalacións deportivas municipais. Sinala que desaproveitou 60.000 euros por non presentar a solicitude despois da publicación das bases das axudas por parte da Xunta de Galicia o pasado 27 de maio.

Concretamente, están destinadas á construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas municipais e para a adquisición de material deportivo para os anos 2023 e 2024.

A concelleira de Deportes, Silvia Baranda, declara que durante varios anos solicitaron axudas á Xunta que nunca concedeu por iso nesta ocasión priorizouse a petición ao Goberno de Madrid para mellorar as instalacións con un proxecto de case 2 millóns de euros, entre outros que tramitan os técnicos municipais.

Te puede interesar