O CARBALLIÑO

O PP dubida da situación laboral de Fumega

Os populares preguntan si "esta situación vense producindo dende que tomou posesión o alcalde"

O grupo municipal do PP de Carballiño dirixiuse por escrito á secretaria municipal para preguntar si é compatible ou incompatible que o alcalde, Francisco Fumega, que cobra por dedicación exclusiva no Concello, traballe tamén como profesor na Escola superior Gallaecia, situada en Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo (Portugal) onde consta no relatorio de profesores como a “tempo integral”.

Nese sentido, os populares preguntan si "esta situación vense producindo dende que tomou posesión o alcalde",  e que "no caso de que se considere unha situación de incompatibilidade, que cabe facer dende os órganos de fiscalización do Concello?". Tamén preguntan si é necesario o nomeamento dun alcalde en funcións, tendo en conta que se despraza ó estranxeiro.


O pleno do pasado mércores aprobou cambiar as sesión ordinarias para o último xoves de mes a petición do rexidor, que se despraza os mércores e os sábados, asegurando que son compatibles as dúas actividades

Te puede interesar