Premiado un robot dun grupo de alumnos do IES Número 1 de O Carballiño
EDUCACIÓN
O robot acadou o primeiro premio á orixinalidade, nunha categoría onde competiu con decenas de robots de toda Galicia.
Un grupo de oito alumnos de 1º de Bacharelato do IES Nº 1 do Carballiño participou na V Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo. Este alumnado asiste no Instituto ás clases de robótica, impartidas polo profesor Manuel Rodríguez Padrón. O robot que presentaron acadou o primeiro premio á orixinalidade, nunha categoría onde competiu con decenas de robots de toda Galicia.
Por outra banda, dentro das actividades extraescolares deste centro educativo, o alumnado de 3º de ESO fixo onte unha excursión a Santiago de Compostela co fin de asistir a un concerto didáctico da Orquestra de Malabares e da Banda de Santiago, ademais de realizar unha visita histórico-artística á cidade. Esta actividade estivo organizada polos Departamentos de Música e Ciencias Sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga