Un programa de emprego acolle a 15 universitarios carballiñeses

Os xóvenes carballiñeses con titulacións académicas en Enxeñería, Química, Matemáticas ou Física, que se atopen en situación de desemprego, poderán participar no programa de inserción laboral que promove o Concello coa colaboración da Deputación e a multinacional IBM-INSA. O proxecto consiste nun cursiño de formación de catro meses, a nivel teórico e práctico, para o que serán seleccionadas 15 persoas dos aspirantes.
O obxectivo é formar a estes xóvenes na programación Java-J2EE, ó traverso da citada empresa, que impartirá as súas clases teóricas no Telecentro do Concello do Carballiño, durante mes e medio, e as prácticas no Centro de Innovación Tecnolóxica (Cenit) de Ourense, nos dous meses e medio seguintes.

Os interesados deberán inscribirse ata o vindeiro martes no departamento municipal de Orientación Laboral, e os seleccionados recibirán unha beca de 1.600 euros, que se abonará en contías mensuais de 400 euros. O alcalde, Argimiro Marnotes, destacou que esta é a primeira acción municipal en creación de emprego.

Te puede interesar