Protesta contra a obra na praza da Veracruz

A plataforma cidadán creada no Carballiño en oposición ó proxecto da praza no contorno do templo de A Veracruz convocou para o vindeiro mércores, ás 13.00 horas, unha concentración ó carón da estatua de don Evaristo Vaamonde, o párroco que promoveu a edificación da igrexa.
Os representantes da plataforma subliñaron onte que 'xa recollemos moitos centos de sinaturas en contra do levantamento do muro co que se pretende tapar a visión deste Ben de Interés Cultural, e temos o apoio do Obispado e da parroquia de San Cibrán e de colectivos vencellados ó arte e á obra de Antonio Palacios'.

Os opositores destacaron o estragamento do lameiro situado na parte norte do templo, 'xa que vai ser convertido nunha especie de camposanto de lousas de granito'. Tamén advirtiron, en caso de executarse os traballos, 'da destrucción dos actuais xardíns da zona sur, nun atentado que sorprendentemente autorizou Patrimonio'. Tódos istes aspectos, como a aparición de grietas no interior da igrexa, foron recollidas nun documento informático, que será distribuido por internet'.

Te puede interesar