Un proxecto acondicionará a contorna do colexio do Irixo

Ángeles Vázquez, na reunión que mantivo con Manuel Cerdeira.
photo_camera Ángeles Vázquez, na reunión que mantivo con Manuel Cerdeira.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contemplará una ampliación dos investimentos no Irixo con cargo ao plan Hurbe, coa previsión do acondicionamento dos espazos públicos situados xunto ao colexio e o polideportivo deste municipio. Neste sentido, a conselleira deste departamento autonómico, Ángeles Vázquez, e o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, abordaron nunha reunión mantida recentemente a humanización da contorna do centro de ensino e das instalacións deportivas. 

O proxecto enmarcaríase na liña de subvencións do plan Hurbe, que xa financiou con anterioridade a rexeneración do conxunto que rodea a igrexa e o adro da parroquia de Santa María do Campo, por un importe de case 100.000 euros. Dende a Consellería destácase que hai máis dunha década que o Goberno galego impulsa o plan Hurbe co obxectivo de brindar o seu apoio ás entidades locais na execución de actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas, e que para este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros.

Ademais, Medio Ambiente tamén levou a cabo no Irixo a humanización da travesía do casco urbán da capitalidade municipal, ao abeiro da orde de axudas da Xunta destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes, un proxecto para que o departamento de Ángeles Vázquez destinou unha subvención superior aos 67.000 euros.

Te puede interesar