Roberto Rodríguez da nome á pista de tenis de A Goberna
O pleno da Corporación municipal de Beariz, en sesión celebrada o 11 de marzo de 2020, aprobou por unanimidade adicarlle o nome de Roberto Rodríguez Vázquez á pista de tenis ubicada na paraxe de A Goberna. En consecuencia, celebrouse un acto protocolario de descubrimento da placa co seu nome, acto que contou coa presenza do presidente da Federación galega de Tenis, José Mosquera, de membros da corporación municipal, da súa familia e veciños do concello.
Roberto Rodríguez Vázquez naceu en Querétaro (México). Fillo de emigrantes en México, nestes momentos xa retornados en Galicia.
Entre os seus numerosos méritos, no 2012 obtén a vitoria no Campionato Galego Absoluto de Tenis, coroándose número un da Comunidade Autónoma. Volveu a proclamarse campión galego absoluto no 2015, 2016 e 2017. Subcampión de España de veteranos no 2015; subcampión do mundo de veteranos no 2016; subcampión de Portugal de veteranos no 2018 e campión de Portugal no 2019.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?