Unha ruta comercial oferta ós rapaces xoguetes e entradas para sesións de cine

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza unha nova actividade dirixida os rapaces e rapazas ata os 14 anos, e que co nome de ‘A busca do tesouro’ desenvolverase na tarde de hoxe. Trátase dun percorrido a través das rúas máis centricas da vila do Arenteiro, no que os participantes deberán seguir unha serie de pistas que atoparán en algúns dos establecementos comerciais. Para elo, daráselles no momento da inscripción, unha folla que os axudará a completar o itinerario.

‘Nesta ruta que se preparou, procurouse non soamente que os nenos e nenas atopen cales son os comercios que teñen as pistas que deben seguir, senón que tamén coñezan un pouco da historia dos lugares máis emblemáticos do Carballiño’, sinala Adolfo Nogueira, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios (Acec).

Ó remate da actividade, tódolos participantes recibirán un agasallo, e entre aqueles que completaran correctamente a proba, sortearanse xoguetes e entradas para as sesións de cine promovidas polo Concello hoxe e o luns no Auditorio municipal.


Te puede interesar