O CARBALLIÑO

Satisfacción polo balance económico das Xociviga

A Área de Cultura de Carballiño amosa a súa satisfacción cunhas xornadas que contaron con 11.579 euros de orzamento.

Coa celebración dun obradoiro de fotografía impartido polo fotógrafo Héctor Guzmán no IES Chamoso Lamas rematan as actividades das Xociviga 2015. Dende a Área de Cultura e do Cine Club Carballiño móstranse satisfeitos co desenvolvemento do programa de actividades e tamén fan un balance positivo no apartado económico.

O orzamento foi de 11.579 euros e recibiu subvencións do Agadic e da Deputación. Outra parte importante foi cuberto grazas á colaboración de varios establecementos locais, que abarataron o aloxamento e manutención dos invitados, que rondaron os 30, entre directores, productores e actores, entre outros asistentes.

Te puede interesar