Sinaturas para paralizar o proxecto de A Veracruz

José Luis Alves, voceiro da plataforma. (Foto: Martiño Pinal)
A vila do Arenteiro acolleu ó mediodía de onte a presentación da 'Plataforma pola defensa do contorno da Veracruz', integrada por asociacións veciñais, culturais e empresarias do municipio, ademais de persoas particulares, que amosan o seu rexeitamenta á construcción dun muro de contención dentro das obras da nova praza do templo parroquial, que se están a levar a cabo na actualidade.
O voceiro desta plataforma, José Luis Alves, lembrou que 'hai moitos veciños que están indignados por iste atentado ó patrimonio, tendo en conta que a Xunta declarou A Veracruz en 1993 como un Ben de Interese Cultural (BIC)'. O m ovemento xeral de protestas en contra do levantamento do citado muro, que elimina a visión da igrexa dende a rúa Evaristo Vaamonde, motivou a esta plataforma ó inicio dunha campaña de recollida de sinaturas, ó traverso dunhas follas que xa comezaron a distribuir nos establecementos comerciais e de hostelería e nos centros públicos do Carballiño'.


EXPERTOS

'O pobo é soberano e é quen de poñer a cadaquén no seu sitio, sempre co obxectivo de que as autoridades políticas competentes cheguen a un consenso para que non se execute outra aberración urbanística', indicou José Luis Alves. Os detractores do polémico muro invitarán a expertos na obra do arquitecto que deseñou A Veracruz, Antonio Palacios, 'a fin de coñecer a súa opinión e cecais propoñer alternativas a este proxecto'. Entre eles, atópanse Felipe Senén López, Diego Giráldez, Ramón Iglesias e Jacobo Armero.

Te puede interesar