SOLICITUD

Os socialistas de Punxín urxen o asfaltado dunha céntrica rúa

A voceira do PSOE, Rosa María Outerelo, suliña que esta rúa precisa dun asfaltado urxente, xa que está chea "de buracos, fochancas e gretas", que dificultan o paso dos peóns.

O mal estado que presenta a rúa que comunica a estrada N-541 co Centro de Saúde e a Escola Nova de Punxín motiva ó grupo socialista deste municipio a presentar unha moción solicitando o seu arranxo. A voceira do PSOE, Rosa María Outerelo, suliña que esta rúa precisa dun asfaltado urxente, xa que está chea "de buracos, fochancas e gretas", que dificultan o paso dos peóns. Os socialistas xustifican esta proposta baseándose "na falta de iniciativa do Partido Popular á fronte do Concello", e que, según eles, teñen as rúas de Punxín completamente abandoadas.

Asemade, esta vía de comunicación é moi utilizada polos veciños cando teñen necesidade de acudir ó centro médico ou polos rapaces que xogan no parque infantil, na única zona de esparcemento da capitalidade municipal, situada entre o barrio dos Condes de Arriba e a rúa Alberto Cortez.

Te puede interesar