Os veciños de Dacón organizan a primeira ‘Festa da xuventude’ con baile e agasallos

Unha imaxe de vivendas no casco urbán de Dacón. (Foto: Martiño Pinal)
A localidade de Dacón, no municipio de Maside, celebrará o vindeiro 18 a primeira edición da ‘Festa da xuventude’, unha iniciativa ‘que ten o obxecto de ofertar unha actividade novedosa para todos’, sinalan os organizadores. Dúas orquestras amenizarán o baile nunha carpa con calefacción.
O pobo de Dacón engadirá no seu almanaque de celebracións a ‘Festa da xuventude’, que se incorpora ás patronais de Santa Rita, ó Entroido e á escenificación do Belén Vivente que organizan os veciños tódolos anos. A data escollida é o vindeiro venres 18 de decembro, e na promocion da primeira edición deste evento atópase as asociacións de veciños e de mulleres rurais, a comparasa ‘Os Arrieriños’ e os integrantes da comisión de festexos.

As actividades da xornada comezarán coas actuacións das afamadas orquestras ‘Panorama’ e ‘Cinema’ a partir das 22.30 horas, nunha carpa de 1.000 metros cadrados de superficie que disporá dun sistema de calefacción e que se ubicará nas inmediacións da igrexa parroquial. ‘O obxectivo desta primei ra edición é ofertar ós xóvenes e ó resto da poboación da comarca e de fóra dunha nova actividade, nas datas anteriores ó Nadal’, sinalan dende a organización.

Sorteo

Asemade, os asistentes ó festexo poderán desplazarse de xeito gratuito dende a mesma vila do Carballiño, ‘xa que fletaremos autocares con saída do templo de A Veracruz a partir das 22.00 horas’, engaden. Por outra parte, os asistentes, además de ter a súa disposición un bar no exterior do recinto, poderán optar a ó sorteo de dúas cestas de Nadal, unha fin de semana nunha casa de turismo rural e un descodificador de TDT, uns agasallos cedidos por casas comerciais.

O orzamento desta primeira festa rondará os 10.000 euros, ‘e tenta seguir a tradición doutras zonas de Galicia onde se fan concentracións xuvenís deste tipo no verán, coma son os casos das vilas de Lalín, Melide, Agolada e a cidade de Santiago de Compostela’, comenta a comisión organizadora.


Te puede interesar