Os veciños de Pol rinden homenaxe ‘ós bós e xenerosos’ cun monumento no pobo

A decimosexta edición da ‘Festa das Parroquias’ do Carballiño celebrarase na localidade de Pol, unha das que integran a parroquia de A Piteira, o vindeiro domingo 1 de xuño, baixo o patrocinio da Federación de Asociacións de Veciños e o propio Concello.

A decimosexta edición da ‘Festa das Parroquias’ do Carballiño celebrarase na localidade de Pol, unha das que integran a parroquia de A Piteira, o vindeiro domingo 1 de xuño, baixo o patrocinio da Federación de Asociacións de Veciños e o propio Concello. ‘Iste ano pensamos en introducir varias novidades, como é a apertura dunha exposición no noso local social e dúas conferencias’, sinala o presidente da Asociación de Veciños de Pol, Xosé Manuel González.

A mostra será inaugurada ás oito do serán do xoves 22 de maio na sede vcciñal co epígrafe ‘Os outros veciños’, ‘xa que estará composta por figuras e cráneos de mamíferos, reptiles e aves, ises animais que están ó noso carón tódolos días, e será obxecto dunha charla de Francisco Valeiras, presidente do grupo ecoloxista Outeiro’, apunta o responsable da organización. A outra conferencia desenvolverase o día 30 de maio na Casa da Cultura a cargo do historiador Xosé Luis Sobrado sobre a historia de Pol de Piteira.

Xantar

Os actos do festexo de confraternidade que reúne ós membros das 20 asociacións de veciños do Carballiño tamén terá o aliciente da inauguración dun monumento ‘Ós bós e xenerosos’, unha escultura en granito ‘coa que pretendemos rendir homenaxe a aquelas persoas que dun xeito calado sempre estiveron ó noso carón axudándonos en todo o que fixera falta’, comenta Xosé Manuel González. A tradicional entrega do ramo por parte da organización da edición anterio, o xantar e unha exhibición de coches clásico completarán o programa.



Te puede interesar