FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Felipe-Senén, carballiñés, arqueólogo e historiador da cultura galega, con motivo do 150 aniversario do nacemento en Porriño de Antonio Palacios, fixo un amplo recorrido a traves da súa singular e monumental obra, con dedicación especial ao carballiñés templo da Veracruz ( 1943-1952), “edificación cargada de simbolismo e galeguismo, seguindo os presupostos que caracterizaron á xeración Nós e dos que tanto se falaba nos parladoiros intelectuais do Balneario de Mondariz”, segundo apuntou.
En arquitectura, sinalou Felipe-Senén, a Veracruz é o monumento no que Palacios pon en valor a pedra de Galicia, o artesanado, en especial aos canteiros, asi como á historia da arte galega.
Este acto, que se celebrou onte na Casa da Cultura do Carballiño, o conferenciante quixo que fora tanto un recoñecemento do arquitecto como da familia Otero, “constructores que seguiron e se identificaron íntegramente co 'espirito do arquitecto', destacaba.
A conferencia “A Veracruz do Carballiño: testamento arquitectónico de Palacios” foi organizada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas en colaboración co Concello, coincidiendo coa efemérides do nacemento do arquitecto, o día 8 de xaneiro de 1874.
O acto enmárcase dentro do programa que elabora o Concello do Carballiño polo aniversario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
La Región
Unos pocos ganan, muchos pierden
JUVENTUD Y CULTURA INTERNACIONAL
Ribadavia acoge un grupo de voluntariado internacional
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Avia
+ DEPORTE
Allariz se mueve a ritmo de zumba