asociación

Unha xestora convoca á Asociación de Terra de Montes

A sesión será para proceder á elección de presidente para os próximos dous anos.

Con motivo da falta de convocatoria da xuntanza anual e da asemblea xeral ordinaria desde o ano 2017, varios socios da Asociación de Amigos da Terra de Montes constituíron unha xunta xestora coa finalidade de celebrar o próximo día 24 de agosto, ás 10,00 horas, no auditorio de Soutelo de Montes, unha asemblea xeral na que se escolla o novo presidente e a nova directiva.

A presente convocatoria é para todos aqueles socios ós que non é posible contactar doutro xeito debido á falta dunha base de datos da que non dispón a xunta xestora. A sesión será para proceder á elección de presidente para os próximos dous anos. A asociación está integrada por veciños dos concellos de Montes, Beariz, Cerdedo e Forcarei e naceu para o desenvolvemento de actividades culturais sobre esta comarca histórica.

Te puede interesar