UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas consignadas no 2023 para executar nese mesmo ano e no 2024, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e das cales as bases reguladoras se publicaron a finais do 2022. A existencia de remanentes doutras convocatorias permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos -4.432.119 euros- e chegar aos 7.768.571. Ademais, este incremento era tamén necesario ante o número de solicitudes que se presentaron por estas axudas bianuais, convocadas neste exercicio para executar no 2023 e no 2024.
Estas achegas teñen como finalidade mellorar o rendemento das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade. O orzamento repartirase con 4.318.571 euros para accións neste mesmo ano e 3.450.000 para as de 2024. Os beneficiarios poden ser empresas vitivinícolas, organizacións de produtores vitivinícolas, asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e as organizacións profesionais. O Consello aprobou axudas por 4,5 millóns para o 2025 e 2026
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA IMPRENTA Y UN PERIÓDICO
Un escaparate que es historia
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
O Ribeiro reactivará viñedos para aumentar su producción
PROYECCIÓN INTERNACIONAL
El Instituto Cervantes dará un impulso al legado sefardí en Ribadavia
Lo último