Ribadavia

A Baixada de Carrilanas terá un centenar de participantes

A "Baixada" e o IV Gran Prix Infantil de Carrilanas se desenvolverán nun percorrido de 650 metros de lonxitude pola rúa Progreso

A vila de Ribadavia acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, a 14ª edición da "Baixada" e o IV Gran Prix Infantil de Carrilanas, que se desenvolverán nun percorrido de 650 metros de lonxitude pola rúa Progreso, dende o Castelo ata a Fonte de Dous Caños. A organización prevé a participación aproximada dun cento de participantes, "tendo en conta que na edición do ano pasado correron 52 nenos e 28 adultos nas probas correspondentes", según salientou José Luis Rodríguez, coordenador do evento.

A cita comezará ás 12,00 horas, cos exames de conducir para os cativos, que farán dúas baixadas pola tarde, ás 16,30 e ás 18,00 horas, mentres os pilotos adultos farán un recoñecemento do circuito  ás 16,45 e continuarán  despois cos percorridos oficiais. Coma novidade, dous drons farán un seguimento e retransmisión das probas, que poderán ser vistas polos espectadores nunha pantalla xigante.

Te puede interesar