DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
CONCIERTO
O centro socio-cultural da Igrexa da Madalena en Ribadavia completou o seu aforo con éxito durante o concerto que ofreceu este pasado fin de semana a banda Raposa, organizado pola asociación Arteficial, que inaugurou así a súa programación deste ano 2025.
A banda aproveitou para gravar o seu novo videoclip, do que puideron formar parte todas as persoas asistentes, que desfrutaron con este concerto neste marco histórico de vila cabeceira do Ribeiro.
Nesta ocasión, Arteficial programou este concerto da man do colectivo Das Neves de recente creación “Arraiane (s): Estudio de Creación Contemporánea” e do Concello de Ribadavia a través da área de Cultura.
Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad, que interpretan diversos estilos musicais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último