O RIBEIRO

Castrelo completa este ano o cambio de iluminación a led

Con esta ultima obra todas as luminarias do concello serán de leds, e os 46 cadros eléctricos de mando serán todos novos.

O Concello de Castrelo de Miño acolleuse nos últimos catro anos a tres ordes de axudas distintas para o cambio da iluminación pública, unha da Xunta de Galicia e dúas do IDAE (Ministerio de Enerxía do Goberno de España). Tras a concesión destas axudas, o concello realizou tres proxectos, dous xa executados, e un a executar en 2019. O importe dos tres  supera os 500.000 euros e permiten unha renovación integral do servizo municipal de iluminación pública.

A concesión da última subvención polo IDAE, que ascende a  112.771 euros, dentro do programa de axudas a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, facilitará que ao longo deste 2019 se proceda á instalación do resto de luminarias tipo led nos núcleos de Troncoso, Freás, Santo Estevo, Barral, Avenida do Concello, O Pazo e O Toledo.

Con esta ultima obra todas as luminarias do concello serán de leds, e os 46 cadros eléctricos de mando serán todos novos.

As obras realizadas consisten en substiutir as antigas luminarias por outras tipo led de maior rendemento e con lámpada de menor potencia. Tamén, se levou a cabo a substitución de balastros electromagnéticos por outros electrónicos, así como cadros eléctricos e sistemas de control e de regulación de fluxo luminoso.

Castrelo de Miño ten instaladas 1.475 luminarias, que son xestionadas por 46 cadros eléctricos de mando, das que 1.084 son luminarias de led de alta tecnoloxía e baixo consumo enerxético.

En 2019, Castrelo de Miño será un concello 100% led. Unha vez executado este último proxecto, o concello pasará anualmente dun consumo de 591.970 kW por hora a 131.367 kW por hora O aforro é polo tanto de 460.603 kW, o que  supón un aforro do 78%. 

Desde o ano 2017 o Concello de Castrelo de Miño xa está aforrando na factura eléctrica 54.000 euros anuais, e unha vez que se instale o 100% das luminarias led con este último proxecto, o aforro para as arcas municipais superará os 75.000 euros anuais.


Concello pioneiro no aforro enerxético


Esta última subvención concedida polo Ministerio de Enerxía do Goberno de España, IDAE, de 112.771 eruos, está dentro programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020. O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, califica de importante o aforro tanto energético como económico para as arcas municipais. A redución no importe das facturas emitidas pola empresa suministradora de enerxía eléctrica debeuse "ao menor consumo das luminarias e as novos cadros e aos novos cadros de control e redución de consumo xa instalados", apunta o alcalde de Castrelo de Miño. Deste xeito, este municipio convírtese nun dos primeiros en contar cunha iluminación pública totalmente renovada, que favorece ao medio ambiente.

Te puede interesar