Castrelo recibe unha moto acuática para emerxencias

Momento da entrega da moto acuática.
photo_camera Momento da entrega da moto acuática.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixo entrega onte dunha moto acuática á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Castrelo de Miño para reforzar o seu equipamento, sobre todo para dar unha resposta máis rápida no caso dunha emerxencia ou no rastrexo de persoas desaparecidas.

A Xunta leva destinados máis de 109.600 euros ao funcionamento desta agrupación, dos que máis de 90.500 se corresponden coa entrega de material de emerxencias como unha embarcación, un remolque, un vehículo pick-up, un desfibrilador, unha pértega e un traxe para intervencións en niños de vespa velutina, terminais tetra con GPS e a moto acuática entregada onte, con un importe de case 18.000 euros. A inversión en emerxencias nos concellos nos últimos anos achégase aos 20 millóns.

Te puede interesar