Charla sobre viño e saúde na Casa do Pobo de Barbantes

A Casa do Pobo de Barbantes, no Concello de Cenlle, acolleu onte a charla 'Viño e Saúde', organizada pola Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP) e impartida pola asesora enolóxica Eugenia Medina. O acto foi presentado polo alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, e pola coordinadora da ROMP, Lucía Rodríguez.
A asesora enolóxica, Eugenia Medina, analizou as propiedades do viño para a saúde, pero antes deixou claros os límites diarios que se han de impoñer ó seu consumo. Entre os argumentos que alí se trataron, se falou de que dende sempre o viño foi considerado un alimento base na nutrición humana, con propiedades innumerables e irreemplazables que benefician a saúde, por exemplo, o viño mellora a memoria, protexe o corazón, controla o peso corporal, prevé a diabetes, axuda a manter os pulmóns sanos, é un arma contra o cancro e fortalece os ósos. Pero hai que ter en conta que todos estes beneficios serán evidentes sempre que non se sobrepase a dosis diaria recomendada.

Na actualidade, numerosos estudios realizados demostran que o consumo moderado de viño, por parte das mulleres, supón que terán un 30% menos de posibilidades de ter sobrepeso e que o risco de padecer cáncer de ovarios poderá reducirse nun 45%.

Te puede interesar