O Concello cubre as necesidades de 26 fogares ribadavienses
O Concello concede unha axuda durante seis meses para gastos de vivenda, vestimenta, alimentación e necesidades básicas
Un total de 26 fogares de Ribadavia, que non reciben axudas da “tarxeta moedeiro” da Xunta, son atendidos polo Concello, gracias a unha nova liña de cobertura social. “Valoramos moi positivamente os datos acadados por esta nova axuda social aprobada nos orzamentos de 2021, unha axuda que ata o de agora non existía e que supón chegar ás persoas que era excluídas das axudas da Xunta de Galicia”, matizan os responsables municipais.
O Concello conta cun orzamento de 20.000 euros, e xa concedeu axudas por valor de 13.500 euros para este ano 2021, “polo que estimamos que poderemos chegar aínda a máis xente antes de rematar o ano”, sinalan.
O Concello concede así unha axuda durante seis meses para gastos de vivenda, vestimenta, alimentación e necesidades básicas, despois de aprobar unha nova partida que financia estas necesidades urxentes a aquelas persoas que máis o necesitan e están sufrindo nesta crise. As axudas poden xustificarse con gastos de vivenda tales como aluguer e facturas de luz e auga da vivenda, así como calefacción e tamén cos gastos en establecementos minoristas con domicilio social en Ribadavia.
A axuda económica é entre os meses de xuño a decembro de 2021, estando previsto que se estableza de maneira permanente coma un dereito social. O prazo para solicitar estas axudas comezou o pasado 1 de xuño e prolóngase todo o ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INVESTIGACIÓN
Un 48% de españoles ya cuidó de un enfermo con alzheimer
ARRANQUE DEL AÑO JUDICIAL
Los jueces gallegos exigen un “respeto real” hacia su labor