O día 2 remata o plazo para optar ó ciclo de FP do viño e aceite

O Instituto de Ensinanza Secundaria de Ribadavia oferta para este vindeiro curso un novo ciclo formativo de Formación Profesional: Ciclo Medio de Aceite de Oliva e Viños, un ciclo de 2.000 horas de formación en dous cursos. Unha vez finalizado, os alumnos obterán o título de técnico de aceite de oliva e viño. Os interesados teñen de plazo para anotarse ata as 14,00 horas do próximo día 2 de xullo, na secretaría do centro Abrente, en San Paio.
Neste ciclo formativo apréndese a elaborar e envasar aceites de oliva, viños e outras bebidas de acordo cos plans de calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos e aplicando a lexislación de seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.


TRABALLO

O título permite traballar na industria de elaboración e envasamento de aceites de oliva, viños e outras bebidas, en pequenas, medianas ou grandes empresas, como bodegueiros, elaboradores de viños, cavas, sidra e outras bebidas e derivados, mestre de lagar, en extracción e refinamento de aceites de oliva, recepcionista de materias primas, operador de sección de embotellamento e envasamento, tamén como auxiliares de laboratorio e de control de calidade e como comercial.

Te puede interesar