ENTREVISTA

Esteban Suárez: “Queremos impulsar unha cooperativa de traballadores"

20190620201926008_result
photo_camera Esteban Suárez Méndez.

Esteban Suárez Méndez, do BNG, é o novo alcalde de Castrelo de Miño, despois de que o anterior rexedor, Xurxo Rodríguez, renunciase a presentarse ás eleccións

Gobernará con maioría simple para o que espera o diálogo cos outros dous grupos: PP e PSOE.

Cal foi a súa primeira decisión tras a toma de posesión?

Simplemente poñernos ao día dos asuntos municipais e empezar coa organización das competicións e eventos de remo e piragüismo que temos nestes próximos días en Castrelo de Miño, e tamén mirando como está Intervención pensando en tomar decisións ao pasar o verán. A teniente alcalde, Sonia Taboada, tamén está coa organización do Ribeiro Blus. Aínda estamos aterrizando porque hai que ter en conta que ata a última hora non sabíamos se íbamos a gobernar. Tamén estamos preocupados por a limpeza e acondicionamento das estradas, encaixando orzamentos e buscando fórmulas para a contratación de persoal.

Como topou o Concello?

Ben, aínda que temos falta de persoal porque algúns están de baixa por enfermidade. Necesitamos ampliar o persoal de limpeza, reparacións e obras e estamos a espera de que se resolva a solicitude de subvención e despois hai que licitar, leva o seu tempo; tamén queremos abrir as piscinas o próximo 1 de xullo.

Que obxectivos ten para o que queda deste ano 2019?

Intentar facer un goberno con maioría simple que sexa sólido. Temos que preparar o pleno de organización contando coa oposición e o pasar o verán empezaremos a executar algunhas das medidas máis sinxelas contempladas no noso programa. Entre elas, a limpeza e reparación de estradas que iremos facendo pouco a pouco, non por carencias económicas, senón porque hai que ir cambiando as partidas para acometer os traballos máis urxentes. A medio prazo pretendemos poñer en marcha o comedor sobre rodas e tamén intentar impulsar unha cooperativa de traballadores asociados. Este proxecto vai dirixido ás persoas que teñen contratos puntuais por poucas horas e que lles resulta moi caro facerse autónomos, polo que mediante unha cooperativa de traballadores asociados, a carga sería moito máis pequena.

E a longo prazo?

Queremos prestar un servizo para as familias madrugadoras, para acoller aos nenos fora do horario escolar e así atraer tamén a nenos de outros concellos. Para elo pretendemos aproveitar mellor a primeira planta do colexio, algo que depende tamén da Consellería de Educación.

Xa empezou a falar cos outros dous grupos?

Ao estar en maioría simple temos que falar polo ben dos veciños. Sabemos que terenos que adaptarnos moitas veces ao que digan os outros. Teño previsto contactar con eles ao acabar coas competicións destes próximos días.

Te puede interesar