DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
DINAMISMO DE LA ZONA
Ribeiro en Común propón mediante unha moción, que o Concello adquira un solar urbanizable de case 4.500 metros cadrados no barrio de San Lázaro, a carón da estrada entre Ribadavia e Francelos, para destinalo a zona dotacional e usos públicos.
A formación considera que “o valor de partida do solar é asumible para un Concello con capacidade de financiamento e que ten tanta falta de terreos municipais, sendo unha boa oportunidade para ubicar na zona a futura residencia de maiores ou para a promoción de vivenda pública”.
Destacan que “a súa ubicación é moi boa, e ademais de axudar a resolver falta de solo urbanizable municipal, ou dotacional para infraestruturas públicas, permitiría dinamizar unha zona que se atopa moi degradada, beneficiando aos numerosos edificios, casas e veciños que rodean estas propiedades, a pouco máis de medio quilómetro do centro da vila”.
Engaden que o trámite de adaptación do PXOM para convertelo en espazo dotacional se pode facer en poucos meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas