A Mostra Internacional de Teatro destina 3.000 euros ó Premio Abrente de textos

Rubén García y Anxo Collarte, durante la presentación del cartel. (Foto: Martiño Pinal)
O Concello de Ribadavia entregará este ano 3.000 euros ao gañador do Premio Abrente para Textos Teatrais, un dos galardóns máis importantes no panorama da escrita teatral galega.
O Premio Abrente cumple xa tres anos, e os orixinais para optar ó concurso terán que ser remi tidos ás oficinas municipais antes do día 30 do próximo mes de xuño. A súa temática e extensión son libres.

O fallo do xurado farase público coincidindo coa celebración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se celebrará na súa 24 edición entre os días 19 e 26 de xullo.

O Concello publicará a obra premiada, e poderá contratar unha compañía galega para realizar a montaxe con vistas a súa representación.

O Xurado estará presidido polo alcalde Marcos Blanco, e formarán parte do mesmo o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte; o director da mostra, Rubén García; e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral.

Te puede interesar