O Museo proxecta ‘En busca da memoria', do ciclo ‘Marxes Fílmicas'

O Museo Etnolóxico de Ribadavia proxecta hoxe, ás 20,15 horas, 'En busca da memoria' (2008, Austria), en inglés e con subtítulos en castelán. Trátase de unha das catro proxeccións dentro do ciclo de cine 'Marxes Fílmicas'. Son películas que quedan fora do cine comercial e dos circuítos de distribución.
O museo desenvolve esta actividade dentro da súa programación de difusión cultural e en colaboración co Cineclube Padre Feijoo de Ourense co Goethe Institut (Madrid).
O ciclo iniciouse o pasado 6 de agosto e finaliza o próximo 27 do mesmo mes coa producción alemana 'O silencio de Gerda', tamén subtitulada.

Te puede interesar