Unha obra afecta ó perímetro da capela de Berán

O alcalde de Leiro, Francisco Xosé Fernández, anunciou a paralización da construcción dunha nave industrial no contorno da capela de San Roque de Berán, xa que según os veciños da parroquia ‘atentan contra a Lei de Protección do Patrimonio, nunha zona calificada como dotacional’.
A construcción dunha nave industrial na estrada que comunica as parroquias de Berán e Orega, no municipio de Leiro, é obxecto de polémica entre os veciños da localidade balnearia, xa que consideran que atenta contra a legalidade vixente.

‘Dita obra estase a realizar nunha área que o plan urbanístico de Leiro contempla como dotacional, non respeta a distan cia coas fincas lindeiras nin tampouco coa estrada a Orega’, sinalan. Ademais, a edificación ‘atópase a menos de 100 metros de distancia da capela e do cruceiro de San Roque, nun claro atentado contra a Lei de Protección do Patrimonio Cultural e Artístico de Galicia’. O alcalde de Leiro, Francisco Xosé Fernández, asegurou onte descoñecer as circunstancias destas obras e de se o solo é dotacional ou rústico, ‘pero en calquera caso o Concello terá que ordenar a súa paralizacíón de xeito inmediato’.

O rexedor engadiu que ‘encargarei ós técnicos municipais un informe encol das características deste proxecto e se os seus promotores posúen as autorizacións pertinentes do Concello e de Patrimonio’.


Te puede interesar