CRECE UN 15,8%
O Ribeiro suma 9,4 millones de kilos de uva en la vendimia
MIT de Ribadavia
O encontro de referencia coa vangarda e a innovación escénica de Galicia afronta a súa recta final ata o 25 de xullo, cun dos pratos fortes internacionais do seu programa, previsto para hoxe, ás 23,00 horas, no Auditorio Rubén García, onde terá lugar a única cita que o coreógrafo Christos Papadopoulos, unha das figuras en auxe da escena contemporánea europea dos últimos tempos, ten na súa axenda española para este verán.
A estrela grega da danza contemporánea visitará por primeira vez Galicia para presentar, en Ribadavia, a primeira creación coa que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como da crítica: “Elvedon”, unha peza baseada na novela “Las Ondas”, de Virginia Woolf. O espectáculo, que ten como fío condutor o paso do tempo, e que xirou por teatros de toda Europa, poderase ver por primeira vez en España nesta 37ª MIT.
Por outra banda, unha das pezas que está a revolucionar o panorama da danza contemporánea en Galicia, “Bailar Agora”, de Marta Alonso Tejada, servirá de aperitivo no día de hoxe, ás 21,00 horas, no Auditorio Manuel María da Casa da Cultura, da estrea en España de “Elvedon”, de Christos Papadopoulos. A programación deste venres complétase, ás 20,00 horas, con Caxoto que presenta a súa peza “Xeliña fala galego”.
A MIT de Ribadavia recuperou este 2021 o seu carácter e a súa proxección internacional cunha programación na que figuran mestres da escena mundial, como Christos Papadopoulos ou Jan Lauwers; destacadas compañías do panorama estatal, como Voadora, Cía. Manolo Alcántara, Agrupación Señor Serrano ou Atalaya; espectáculos
que tiveron unha grande acollida por parte de público e crítica durante a tempada, como “Los que hablan”, de Teatro del Barrio, ou “Querido capricho”, do CDN; ademais das creacións máis sorprendentes e singulares de artistas emerxentes de teatro e danza de Galicia.
Nesta mesma liña, o festival continúa coa súa aposta pola visualización e o achegamento ao mundo da danza e das artes do movemento en Galicia. Por tercer ano consecutivo, a Mostra acolle o traballo dos creadores das Residencias Paraíso, con Coreografías selváticas, da
bailarina Adriana Reyes; “Bailar agora”, de Marta Alonso Tejada; e a nova creación “Os actos da inercia”, do bailarín Javier Martín.
A conversa escénica tamén regresou este verán. Ademais dos habituais coloquios coas compañías despois das funcións, a MIT programou actividades paralelas para achegar as artes escénicas ao público. Un dos eventos destacados chega esta fin de semana coa presentación do libro “História da dança contemporánea na Galiza”, do crítico Afonso Becerra.
A xornada do sábado contará con tres propostas escénicas diversas. Así, “Cris, pequeña valiente” chega ao Auditorio Manuel María, ás 21,00 horas, da man de El espejo negro. A peza, coproducida polo Teatro Soho de Antonio Banderas, é unha creación para público familiar que aborda a temática da transexualidade.
Esa mesma noite, o Auditorio Rubén García será testigo, ás 23,00 horas, da representación de “Querido capricho”, unha produción do Centro Dramático Nacional e Malala Producciones, asinada por Tomás Cabané e protagonizada por Tomás Pozzi, que narra unha historia de amor non correspondido. Finalmente, á 01,00 horas, no marco de Ruadavia, a compañía de novo circo galega Pistacatro presentará o espectáculo de danza vertical “Vértigo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRECE UN 15,8%
O Ribeiro suma 9,4 millones de kilos de uva en la vendimia
VENDIMIA EN LA PROVINCIA
O Ribeiro prevé recoger más de 9 millones de kilos de uva
Lo último
INCIDENCIAS FERROVIARIAS
Cortada la conexión ferroviaria entre Ourense y Vigo por obras de renovación de la vía