CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN
Los vinos de la D.O. Ribeiro logran seis medallas de oro en Burdeos
O nudismo, a doutrina que propugna a vida ao aire libre e en completa nudez (segundo a definición da Real Academia Galega), está ligada tradicionalmente a zonas de praia e solarium. Con todo, cada vez son máis as asociacións que organizan xornadas de sendeirismo nudistas e esta foi a proposta para a presentación de Naturigal nas pozas de Melón.
“Pensabamos que ía facer mellor tempo”, recoñecía o presidente do colectivo Luis González que, como bo ourensán, coñecía da beleza e armonía da zona fluvial, escenario ideal para a organización do primeiro acto público do colectivo. “Cando se fala de nudismo, pénsase inmediatamente en praias, pero o sendeirismo nudista é unha actividade que práctican moitas asociacións e, nesa liña, pareceunos que esta zona era moi apropiada. É moi bonita, con pozas e unha ruta interesante”, describía González.
Unha vintena de participantes chegados desde diferentes puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades autónomas como Navarra, gozaron dunha xornada de confraternización e de natureza. “O sitio é espectacular, a auga… un pouco fría”, comentaban tras a subida ata a fervenza de Tourón.
A climatoloxía fixo que o paseo de hora e media de duración fora máis ben en solitario, pero os contados encontros con varias parellas de senderistas “téxtiles”, foron de normalidade e respecto absoluto no seu desexo de gozar da natureza en liberdade. Como punto e final á xornada, os nudistas compartiron unha comida de confraternización ao carón das pozas, convite para falar do presente e futuro do colectivo e ao que se sumaron máis socios que non puideron estar na andaina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN
Los vinos de la D.O. Ribeiro logran seis medallas de oro en Burdeos
NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
HOTEL BALNEARIO LAIAS CALDARIA
San Rosendo rinde homenaje a 30 trabajadores jubilados
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A bolsa do lixo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 17 de abril