Unha placa en Cortegada lembrará a Fermín Bouza

Concello de Cortegada
photo_camera Concello de Cortegada

Durante o acto conmemorativo do 120 aniversario do seu nacemento asinarase a declaración de Cortegada na defensa do patrimonio e lingua

 

 

A Irmandade Xurídica Galega organiza un acto conmemorativo do 120 aniversario do nacemento do xurista e etnógrafo galego Fermín Bouza Brey e do centenario da Xeración Nós. O acto terá lugar mañá, ás 12,00 horas no cemiterio de Cortegada e as 12,30, na Casa do Concello. Os convocantes e representantes de máis de 25 concellos da provincia de Ourense asinarán a Declaración de Cortegada en defensa do patrimonio paixasístico material e inmaterial, así como o compromiso de utilizar a lingua galega nos usos xurídicos e xudiciais.

A Irmandade Xurídica Galega ten como un dos obxectivos recuperar a memoria de homes de dereito galego que destacaron pola promoción da lingua e da cultura do país no contexto máis amplo da defensa dos valores da liberdade e da xustiza. É nese marco no que se inscribe o acto en lembranza do xurista que foi Fermín Bouza Brey.

A organización tamén fai un chamamento a todas as autoridades locais de Galicia para que asuman de forma consecuente o protagonismo que lles corresponde nese eido da defensa da divulgación do patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico.

No acto tamén está prevista a colocación dunha placa conmemorativa no cemiterio de Cortegada e na honra de Fermín Bouza Brey, que repousa nese lugar, e tamén lembrando o centenario da Xeración Nós, e honrando igualmente a todas as persoas que xacen alí.

Te puede interesar