O PP asegura que Lorenzo foi convocado ó pleno de Berán

O vocal socialista da Entidade Local de Menor de Berán, Tomás Lorenzo, recibiu un fax de convocatoria do pleno do día 25 de marzo, ‘e polo tanto é mentira que non foi avisado’, sinala o presidente, José Luis Barreiro.
O presidente da Entidade Local Menor de Berán, José Luis Rodríguez Barreiro, do PP, calificou de ‘mentiroso’ ó vocal socialista Tomás Lorenzo Fariña por asegurar que non asistira ó pleno do pasado 25 de marzo ‘por non ter sido convocado’. O responsable da entidade presentou como proba o fax remitido ó único representante do PSOE dous días antes e o acuse de envío, e considera que ‘unha vez máis se demostran as mentiras desta persoa, pero estáselle a esgotar esas posibilidades’.

A incomparecencia de Lorenzo Fariña á sesión plenaria do mércores pasado -convocada para as oito da tardevolveu a rachar o quórum necesario de tres asistentes e imposibilitar a aprobación das bases para adxudicar a explotación das intalacións do balneario de Berán.

Críticas Ante esta situación, o coordenador provincial do PP, José Manuel Baltar, apuntou que ausencia do vocal do PSOE ‘pon de manifesto o pouco que lle importan ós socialistas o desenvolvemento económico da nosa provincia e, en particular, o benestar dos veciños de Berán’. Hai máis dun ano que Tomás Lorenzo non asiste ós plenos ou auséntase das sesións cando se somete a debate o prego de condicións de adxudicación do centro termal, e que precisa da presenza dos tres ediles elexidos.

Te puede interesar