VENDIMIA EN LA PROVINCIA
O Ribeiro prevé recoger más de 9 millones de kilos de uva
A deputada do PP, Noelia Pérez, critica que “o novo goberno do Concello de Ribadavia leva sete meses sen facer nada do que lle require a Xunta de Galicia para poder asinar o convenio de cofinanciamento, por importe de 500.000 euros, para a nova escola infantil”. Noelia Pérez explicou que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen unha partida para a escola infantil de Ribadavia co obxecto de cambiar o seu emprazamento actual e poder contar cunhas novas instalacións ampliadas no inmoble da antiga escola da Alameda.
O Concello, segundo apunta, debería iniciar os trámites coa Consellería de Educación para a desafectación do inmoble, que é de titularidade municipal; e o proxecto técnico do investimento que se vai acometer, concretou.
Por outra banda, a portavoz de Política Social do PSOE, Marina Ortega, lamenta que o PP “volve demostrar que non está á altura das circunstancias” no canto de garantirlle servizos públicos para axudar á conciliación e á fixación de poboación no rural galego. Así o dixo logo de que rexeitaran unha proposición non de Lei en Comisión na que lle pedía á Xunta que executara o proxecto da nova escola infantil de Ribadavia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último