O PSOE reclama información da xestión do hotel San Clodio
O alcalde afirma que nunca ocultou nada e que os datos que hai no concello están a disposición da oposición
O PSdeG-PSOE de Leiro acusa á Xunta de Galicia e ao Concello de ocultar de xeito “deliberado” información da realidade do investimento e a xestión do Hotel Monumento San Clodio e do Spa de Viñoterapia. Os socialistas sinalan que tras seis peticións de información solicitadas entre o 2017 e 2023 no Parlamento de Galicia, a única resposta foi o “silencio sepulcral e a ausencia de explicacións ao respecto”.
Reclaman coñecer os “motivos” polos que o investimento previsto entre 1999 e o 2000 de 2.650.602 euros e financiado por dúas consellerías e a Secretaría Xeral de Turismo, acabou por converterse en máis de 11.200.000 euros; e lembran que a explotación foille outorgada, mediante a sinatura dun convenio por parte da Xunta de Galicia, a orde relixiosa de Samos e o Concello de Leiro, ao grupo Hotusa para a súa explotación por un período de 25 anos.
O portavoz do PSdeG neste municipio, Manuel Rodríguez, considera “imprescindible” acceder ás cláusulas que regulan a concesión e a xestión, xa que “hai requirimentos que a empresa Hotusa non está cumprindo e que nin a Xunta, nin o Concello, teñen intención de facerlles cumplir”.
O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, refírese aos socialistas, manifestando que “levan 24 anos sen preguntar por San Clodio e eu nunca lles ocultei nada. Todos os datos que hai no Concello dánselle”, matiza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AUXILIADO POR LA LEGIÓN
Un ceutí recibe cuatro puñaladas por un grupo de inmigrantes que le robaron sus pertenencias