O viño Ribeiro e a repostería danse a coñecer en Girona

O Concello de Ribadavia estará presente no Forum Gastronómico de Girona, que se celebra dende hoxe ata o día 23 de este mes de febreiro. O técnico da Oficina Municipal de Turismo é o encargado de dar a coñecer a oferta de viños e repostería de Ribadavia neste evento gastronómico profesional.
A vila do Avia promocionarase xunto cos outros 21 concellos españoles que forman parte da Red de Juderías de España grazas a un stand que esta asociación de concellos terá no Palacio de Congresos e Feiras de Girona.

Asemade, Ribadavia participa activamente na organización e coordinación das actividades que se van levar a cabo na cidade, como son a 'Cata Bíblica' ou a introducción do viño con Denominación de Orixe Ribeiro como branco oficial do stand para a degustación de productos gastronómicos, grazas a colaboración do Consello Regulador.

De igual xeito, a vila tamén participa na organización da Aula Activa, donde un recoñecido chef israelí, Victor Gloger, dará un curso para os restaurantes e restauradores da Red de Juderías de España.

Te puede interesar