Os rostros de Nós

Cuevillas por Alba Fernández

florentino-cuevillas-lamina-25,5x35cm

Florentino López Alonso-Cuevillas é o terceiro do triplete que se deu en denominar o “Cenáculo de Ourense” da Xeración Nós, e que conformaban aquel, Otero e Risco. Con Cuevillas péchase este senlleiro triángulo do canon “Os rostros de Nós”. Desta volta encargouse de darlle visibilidade Alba Fernández (Ourense, n. 1979). A ilustradora abordouno con imaxinación compoñendo a súa imaxe dende fotos súas nas que aparece retratado sempre elegante. Así retrátao sorrindo e vestido con traxe, pantalón con tirantes, camisa branca e paxarela no pescozo, atavío completado cunha ampla chaqueta. Está detido coas mans nos petos e uns binóculos pendurando do pescozo. Todo elo confírelle unha pose de dandi diletante que gusta de observar os cabalos no hipódromo. Mais o seu era achegar á vista o que non podía ver de preto, pola súa afección reumática que o limitaban dende os anos trinta. Así pescudaba Cuevillas os montes de perfís sospeitosos de agachar un castro, ou as rochas nos curutos susceptibles de apuntar un petróglifo ou mámoa. Esta foi a súa paixón, brillando nela, como connaisseur... máis alá dos seus estudos universitarios de farmacia en Santiago, que non exerceu, e filosofía e letras en Madrid, que non rematou, traballando na sección de contrabando e defraudación da Delegación de Facenda ourensá, na que o seu pai fora Delegado. O violín ocupoulle tempo, e mesmo entrou na Capela de música catedralicia. As Irmandades da Fala e os escritos en “La Centuria” e no diario “Miño”, déronlle orientación galeguista, participando no primeiro número da “Nós” con “Dos nosos tempos”, retrato coral de todos eles. Os dolmens de Lobeira, o castro “A Cibdade”, en Lás, a “mansio” de Aquis Querquenis ou unha lápida romana foron centro do seu interese. Co estudo “A edade de ferro na Galiza” entrou no Seminario de Estudos Galegos, do que sería director da sección de Prehistoria, dando paso a campañas de escavación e converténdose no primeiro especialista sistematizador dela e dos primeiros tempos históricos.

Alba Fernández, formouse como arquitecta na École d’Architecture de Normandie (Francia) e na ETSA da Coruña, con traballo de fin de carreira en 2009. Traballou como interiorista e en deseño de espazos e mobiliario para empresas de roupa, ademais de participar en traballos de arquitectura en diversos lugares de España. Creativa frelance, achegouse ao deseño doméstico na procura de pezas que xunten beleza á funcionalidade, e á ilustración, dúas das súa paixóns. Dende que en 2018 comezou a ilustrar a columna “El ángulo inverso” do escritor e letrista “Jei” Noguerol, en La Región, deuse a coñecer, amosando a súa creatividade para a empresa cultural Crémilo ou Enclave de Cámara, e participando do proxecto “Once visións artísticas da Ponte Nova” en 2018, do que foi como agora a única muller do elenco. Tinta china sobre papel a pincel, como tamén o branco das estruturas circulares, mesturadas sen confundirse con finos trazos negros a pluma, engadíndolle collage foi a técnica.

 

MAÑANA, DOMINGO, LÁMINA DEDICADA A CUEVILLAS
Los lectores de La Región que adquieran el periódico de mañana conseguirán el cuarto ejemplar de la colección de láminas dedicadas a los rostros más emblemáticos de la Xeración Nós. Tras Otero Pedrayo, Vicente Risco y Castelao, llega ahora una representación de Florentino López Cuevillas realizada por Alba Fernández. La iniciativa de La Región la completarán homenajes dedicados a Xocas, Ben Cho Shey, Losada, Diéguez, Cabanillas y Noguerol, concentrando así a los rostros más reconocibles de esta generación de galleguistas a través de los ojos de artistas contemporáneos.

Te puede interesar