ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
“Os protagonistas desta fin de semana en Barbadás serán os hostaleiros”, anunciou onte a concelleira de Comercio do Concello de Barbadás, Marga Pérez. Co fin de dar impulso ao sector, o Concello organiza o concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, que se consolida como proposta gastronómica de referencia nesta sexta edición na que aumentan ata 18 o número de establecementos participantes nesta campaña, “que non supón ningún coste aos locais”. Os pinchos terán un prezo de entre 2 e 2,5 euros. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a participación dos hostaleiros neste concurso “que xa está consolidado e que aposta polo noso produto e a nosa excelente gastronomía, que ten que ser valorada”.
Os días 15 e 16 de setembro ofreceranse os petiscos en horario de 19,00 a 23,00 horas, se ben na panadería Alento tamén poderán degustarse en horario de mañá. O resto de participantes son: La Carabela, Claret´s Food, Oren Express, A Cova do Sabio, O Muiñeiro, Cacho Pizza, A Solaina, Brétema, Tarona, Wakanda, Estilo 46, O Bar dos Patos, O Chicote, As Catro ás, A Nova Farola, O Carrabouxo e Estambul Kebab.
Os comensais deberán elixir o mellor pincho cubrindo a tarxeta de votación nun dos establecementos participantes e optarán así aos premios do sorteo: 6 cheques de 50 euros cada un para mercar no comercio local. A maiores da votación popular, un xurado profesional valorará cada unha das propostas tendo en conta a creatividade, preparación e calidade. Marga Pérez animou a todos os veciños e veciñas a probar as orixinais propostas gastronómicas.
Pero este ano, o certame chega con novidades. Ademais dos pinchos, o programa inclúe por primeira vez unha cata de aceites na que se darán a coñecer as diferentes variades. Será o venres, ás 18.30 horas no local social de Fonval. O sábado, para toda a familia tamén terá lugar un obradoiro de cociña interxeracional no que se compartirán receitas elaboradas con produtos dos colaboradores no concurso de pinchos. Ámbalas dúas actividades celebraranse no mesmo horario e escenario que a cata de aceite.
Cada ano son máis os locais de hostalaría de Barbadás que se suman a participar neste certame gastronómico que mesmo outros concellos da provincia imitaron o seu modelo de éxito en tempos recentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 3 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 3 de noviembre