DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER

8M | A metade discriminada

photo_camera 8M | A metade discriminada

Cómpre reivindicar a urxente necesidade dun gran pacto galego polos coidados corresponsables

 

 

Un ano máis de reivindicación. Un 8 M no que as nosas demandas non sendo idénticas ás de fai dez anos, son similares. Porque se deron pasos, pero moi, moi pequenos. E a día de hoxe, están sendo ameazados desde varios frontes ata eses pequenos e temidos avances.

No ano 2024 seguimos demandando que a presenza das mulleres sexa equilibrada en todos os ámbitos, porque salvo nos casos nos que a lei obriga, isto segue sen ser así. Aínda que o eido do que esteamos a falar teña unha presenza maioritaria de mulleres, como por exemplo o da xustiza — onde a proporción de mulleres xuízas e maxistradas en Galicia no ano 2023 foi do 60,88% e a de mulleres fiscais do 63,88%—, os que están na cúspide dos órganos que a dirixen seguen sendo homes.

As mulleres seguimos gañando menos, tendo menos e peores traballos. Seguimos sendo as que soportamos a maior taxa de parcialidade na xornada, as que maioritariamente pedimos as excedencias por coidados de fillos/as e de maiores, no 90,7% dos casos. Finalmente, vai a dar todo ao mesmo: as mulleres soportamos case en exclusiva o peso dos coidados.

Por iso cómpre reivindicar a urxente necesidade dun gran pacto galego polos coidados corresponsables. A corresponsabilidade deben asumila o resto dos membros da unidade familiar, os homes, pero tamén debemos asumila desde as institucións públicas, sendo conscientes de que non é posible a igualdade sen corresponsabilidade.

Te puede interesar