Abre as súas portas Pazolandia en Ourense

Visitantes nas atraccións exteriores de Pazolandia.
photo_camera Visitantes nas atraccións exteriores de Pazolandia.
“Boomerang” e o “Pasaxe do terror” son dúas novidades do parque deste ano e estarán instaladas no exterior

O maior parque de atraccións de Galicia, Pazolandia, ubicado no Pazo Paco Paz, abre hoxe as súas portas. Trátase dun dos eventos de Nadal máis tradicionais ano tras ano que trata de satisfacer as necesidades  de ocio dos nenos e nenas.

Pazolandia  permanecera aberto ata o 4 de xaneiro, en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas (o 1 de xaneiro, o horario será só de tarde). 

Unha das espectaculares atraccións o pasado ano en Pazolandia.
Unha das espectaculares atraccións o pasado ano en Pazolandia.

Novidades

Máis de 60 concellos con nenos da provincia visitarán Pazolandia, que este ano contará con dúas interesantes novidades relacionadas coas atraccións. As dúas estarán instaladas no exterior da instalación debido o seu tamaño. Unha delas será o “Boomerang”, unha atracción que acada os 22 metros de altura no seu punto máis alto e que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe cun tamaño de 19 metros de largo, 12 de ancho e 22 metros de altura. 

A segunda novidade é a “Pasaxe terror”, unha atracción de 10 metros de lonxitude pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror e baseada en películas desta categoría.

Outra das novidades destacadas nesta edición é o “Mundo do xoguete”, unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos.

Estas novidades uniranse á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltarán os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o “Saltamontes”, “La olla” ou a pista americana, entre otras. Tamén haberá gardarroupa gratuito e diferentes opcións de restauración para todos os gustos.

Dúas persoas nos autos de choque.
Dúas persoas nos autos de choque.

El parque Pazolandia conta cunha afluencia estimada de 25.000 persoas durante as vacacións do Nadal, cuxa entrada custará 5 euros para o público xeral e 4 euros para grupos en viaxes promovidos polos concellos da provincia (o prezo das entradas é similar o do pasado ano). A venta de entradas online xa está dispoñible na web www.pazolandia.es

Para chegar ata o Pazo dous Deportes, lugar onde se instalará o parque de atraccións itinerante Pazolandia, poderase chegar a pé, en coche ou collendo as liñas de autobuses urbanos que pasen polo propio Pazo ou polas proximidades.

Te puede interesar