O “acoso" á estatua do Carrabouxo terá sanción
VANDALISMO
O creador do personaxe: "É triste e indignante, é un monumento mártir"
Xosé Lois González , o humorista gráfico que creou o personaxe do Carrabouxo, perdeu a conta dos reclamos feitos aos diferentes alcaldes que pasaron polo Concello de Ourense dende que a estatua adicada a este icono do humorismo gráfico sobrevive acosada entre mesas de terrazas en San Lázaro. A concelleira de Seguridade Cidadá, María del Mar Dibuja, responde a unha pregunta do BNG sobre a situación: "Foilles requirido (aos establecementos anexos) o seu distanciamento da figura en reiteradas ocasións e ante a desobediencia manifesta serán sancionados".
O protagonista das viñetas diarias de La Región ten un monumento no Parque de San Lázaro dende o ano 2002, feito polo escultor César Lombera. Os ataques dos vándalos–pintadas, pegada de carteis e ata tirar a obra ao chan–uníronse ao longo dos anos á situación do monumento: entre veladores, sen distancia. "É triste que teña que andar eu detrás, que son o autor dun personaxe tan admirado, para que se conserve con dignidade este boneco que xa é de todo Ourense, é unha propiedade moral e familiar de todos os ourensáns. Está atosigado", quéixase o debuxante Xosé Lois González. "É unha estatua mártir, pero tamén o son os cidadadáns que non teñen acceso a ela, que non se poden facer fotos, que está nunha situación totalmente indignante para un monumento público", engade.
O humorista gráfico remite á lei de protección de monumentos. "Ten que ter distancia para que o público poida acceder á estatua, dio a lei. Aínda que as mesas foran legais, imcúmprese a lei de Patrimonio de Galicia que di que ten que haber unha área de respecto, de distancia dos monumentos", incide o creador. Ao final, retranca: "Non sei se é a confianza porque o Carrabouxo é tan entrañable que parece que se pode facer o que quiera con el, pois non".
O plan “cultura na rúa" limpará 18 monumentos
O plan de limpeza "Cultura na rúa", promovido polo tenente alcalde Jorge Pumar, inclúe a posta en valor de 18 monumentos da cidade cunha limpeza exhaustiva, a cargo de Ecourense. A estatua de O Carrabouxo forma parte destas actuacións que xa se fixeron nas seguintes obras: Trabajo de formas, Padre Feijóo, San Rosendo, Concepción Arenal, Rey de Viana, Los Ramones y Gran Mural de Antonio Faílde. "Es un proyecto pionero y ayudará a recuperar el pulso social y comercial", di Pumar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPACTO CONTRA LA MEDIANA
Choca contra otro coche, deja varios heridos y se da a la fuga en Arrabaldo, Ourense
"RUADA" POR LAS BODEGAS
Seixalbo volvió al pasado en su Festa dos Foros
Lo último
RESULTADOS FAVORABLES
Retirada la prohibición de baño en la playa fluvial de O Barco
SUBIDA DE LOS CARBURANTES
Mapa | Busca las gasolineras más baratas en Ourense en julio
OTRA MENOR PRESENTE
Investigan como crimen machista la muerte de una mujer y su hija en Alicante