ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
GAÑADORA DO XUVENTUDE CREA DE NOVELA CURTA
A ourensá Alba Guzmán vén de gañar o premio Xuventude Crea na categoría de Novela Curta coa obra “A vinganza de Paquiño Jackson”, que será publicada pola editorial Xerais en setembro deste 2025.
De onde ven ese interese pola literatura xa dende moi nova?
Dunha forma moi orgánica. Igual que a unha persoa que lle gusta debuxar pinta cousas nos cadernos e termina debuxando, pois é algo semellante. A min de toda a vida me gustou ler e os meus pais fixeron porque eu tivera libros na casa. Na escola gustábame moito escribir e tiven a sorte de que moitos profes decatáronse e mandaron os meus relatos a certames. Por ter a sorte de que o meu entorno era consciente diso, acabei escribindo.
Neste contexto o esperable sería que fixera unha carreira de letras, pero optou pola enxeñería biomédica…
Eu penso que as persoas teñen que ser disciplinarias e ás veces na escola é un erro ter que decidir se vas facer mates ou latín, e desbotar eses conceptos da túa vida para sempre. Sempre tiven claro que a carreira que quería ía ir por algo científico pero non quitaba que a min me gustara escribir. Aínda que co paso do tempo, cada vez é máis complicado. Agora cústame moito escribir e facer ecuacións diferenciais, antes parecíame máis doado.
Cal é a historia que acompaña o título gañador do Xuventude Crea?
É unha historia de humor e de aventuras, bastante diferente ao que teño feito. Francisco é un rapaz de aldea que non é para nada popular, fillo de nai solteira, do mundo rural... Pero son os anos 80 e acaba de saír Thriller na gran pantalla e el descubre que ten unha capacidade para bailar e para ser Michael Jackson bestial, de aí que o acaben por chamar Paquiño Jackson. E empeza a converterse nun mito, a gañar popularidade… E un día esperta e dáse conta de que tanto el como a vaca son zombis. Non entende como iso é posible pero ten claro que seguramente teña que ver coa envexa de alguén por estar a gañar popularidade. E a novela vai de Paquiño intentando descubrir como é un zombi.
Houbo unha evolución na escrita con respecto á outra vez que gañara con “Xoaniña de Deus”?
É difícil falar de evolución, houbo un cambio de rexistro. A diferenza tamén ten que ver co tempo. A min agora mesmo cústame ter tempo para escribir e estaba empezando a preocuparme. Eu notaba que me estaba convertendo pouco a pouco nunha folla de Excel e que me estaba facendo unha tía moi cuadriculada e non quería iso. E esa foi a motivación para que acabara saíndo esta novela.
Nesta liña, a participación en certames tamén fomenta a escrita?
Paréceme moi importante porque cando ti xogas ao fútbol tes partidos os domingos ou tes un equipo co que adestrar e podes ter unha evolución da túa disciplina, pero escribindo non. Non hai un campionato de escribir nin tería moito sentido. En parte o adestramento ou a forma que ti tes de avanzar é participar nestas cousas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último