Turismo en Ourense

As aldeas máis bonitas de Ourense, segundo os lectores de La Región

A TEIXEIRA (CRISTOSENDE). 25/02/2020. OURENSE. Una casa abandonada en Cristosende, a orillas del Canón do río Sil. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Aldea de Cristosende. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
Para os lectores de La Región, estas son as aldeas e vilas máis bonitas de Ourense

A provincia de Ourense conta cun dos lugares máis bonitos de España: Castro Caldelas. Por terceiro ano consecutivo, a localidade forma parte da lista elaborada pola asociación "Los pueblos más bonitos de España", que destaca aqueles sitios únicos e "agochados" ao longo da xeografía española.

Con motivo deste recoñecemento, dende La Región preguntámoslle aos nosos lectores, a través de Instagram, cal é para eles a aldea ou vila máis bonita de Ourense e estas son as respostas.

Aldeas e vilas máis bonitas de Ourense

Allariz

O río Arnoia, en Allariz.
Río Arnoia, ao paso por Allariz.

Unha das vilas ourensás preferidas polos lectores de La Región é Allariz. O encanto e tranquilidade que ofrece, así como a beleza do seu casco histórico, o río Arnoia e a súa ponte románica son algúns dos motivos que atraen a ourensáns e foráneaos aos encantos da vila alaricana.

Santa Mariña de Augas Santas

Tamén no municipio de Allariz, a aldea de Santa Mariña de Augas Santas é un dos lugares elixidos polos ourensáns.

As Ermidas

Santuario de As Ermidas, en O Bolo.

A aldea das Ermidas, na localidade de O Bolo, é outro dos lugares destacados polos nosos lectores. O santuario barroco das Ermidas, declarado BIC (Ben de Interés Cultural) e as lendas que rodean este lugar, fan desta aldea un lugar de visita obrigada na comarca de Valdeorras.

Padrenda

Na comarca de Celanova e lindando con Pontevedra atópase Padrenda, outro dos lugares elixidos polos lectores. O seu banco turístico, as vistas a Ourense, Pontevedra e Portugal e a oferta de actividades deportivas que oferta -rafting, senderismo, puenting, son algúns dos encantos de Padrenda.

Parada de Sil


PARADA DE SIL (MIRADOIRO DE CABEZOÁS). 19/06/2020. OURENSE. Los turistas visitan los miradores de Parada do Sil. FOTO: ÓSCAR PINAL

En pleno corazón da Ribeira Sacra, Parada de Sil é un dos sitios recomendados por moitos dos nosos lectores. As espectaculares paisaxes, os seus miradoiros, o Cañón do Sil ou o mosteiro de Santa Cristina son algúns dos atractivos deste lugar.

Arnoia

Para outros dos nosos lectores, un dos lugares con máis encanto é A Arnoia, na comarca do Ribeiro.

Muíños

Entre as recomendacións dos lectores atópase Muíños. No corazón do Xurés, a súa riqueza natural e paisaxística fan deste entorno un lugar especial da provincia.

Belecón, Avión

Outra das propostas como un dos lugares máis bonitos da provinica é Belecón, unha aldea de Avión, na comarca do Ribeiro.

Viana

A vila de Viana do Bolo e a aldea de Santa Mariña da Ponte son dúas das propostas dos lectores.

Celanova

Claustro del monasterio de Celanova un invernal Crepúsculo con los instrumentistas de viento de la banda municipal con su director en medio.

Para outros ourensáns, a "vila dos poetas" é o lugar máis fermoso da provincia. O mosteiro de San Salvador e a pegada de autores como Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro fan de Celanova un lugar que merece a pena visitar.

Vilaza

Outra das aldeas propostas polos lectores a través de Instagram foi Vilaza, unha parroquia pertencente ao concello de Verín.

Ribadavia

RIBADAVIA (RIBADAVIA). 03/08/2018. OURENSE. Panorámica de Ribadavia con el río Miño pasando por debajo. FOTO: ÓSCAR PINAL.
 

A capital do Ribeiro é outro dos lugares destacados polos lectores de La Región.

Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo foi outra das lugares

A Veiga

Tanto A Veiga como a parroquia de Prada foron dúas das propostas dos nosos lectores como un dos lugares máis bonitos da provincia.

Lobios

A localidade pertencente ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés foi outro dos lugares elixidos.

Completan a lista:

Boborás

Tamallancos, Vilamarín

As vendas da Barreira, Riós

Congostro, Rairiz de Veiga

Toén

Taboadela

Amoeiro

San Cristovo de Cea

Cacidrón, Castro Caldelas

Montederramo

Cinconogueiras, A Peroxa

Xacebáns

Cortiñas

Maceda

Loureiro

Cenlle

Os Peares

Barbadás

Niñodaguia

Seoane

Te puede interesar