ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
EDUCACIÓN
A asociación de nais e pais do IES 12 de Outubro do barrio da Ponteda cidade convocou para este luns ás 11:30 horas unha concentración para reclamar profesorado nos ciclos de Electricidade.
A Anpa advirte da “falta continuada” de docentes en “Instalacións Electrotécnicas”, que afecta aos ciclos formativos da familia de Electricidade e de FP Dual de Mantemento Electromecánico.
Desde o comezo do curso, varios grupos destes ciclos estiveron sen profesor para impartir esta docencia durante dous meses e, segundo a Anpa, “a carga lectiva dos módulos profesionais impartida por dito profesor é moi elevada, o que supón unha parte moi importante do currículo dos ciclos formativos”. Desde a Anpa din que estas horas serán “irrecuperables”.
O centro xa advertiu que faría falta outro profesor desta especialidade a partir da xubilación dun profesor a principios de novembro. Case un mes despois, o alumnado continúa sen substituto que imparta a materia.
A Consellería de Educación abriu listas de contratación de substitucións a finais de outubro e estas listas esgotáronse nun só día. Había 10 vacantes da especialidade sen cubrir en Galicia.
Mentres non se resolve o problema, o alumnado continúa sen recibir docencia, din na Anpa, “o que imposibilita unha formación acaída e a impartición da totalidade do currículo do ciclo que está determinado pola lexislación educativa da propia Consellería de Educación”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio