UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Encendido de Navidad
Barbadás presume xa de contar coa árbore de Nadal máis alta de toda a provincia de Ourense. O municipio acendeu a iluminación festiva, que inclúe a “todos os recunchos do concello”, segundo destacou o goberno local. Decenas de veciños se reuniron na Valenzá para disfrutar das luces e coñecer o lodoeiro de case 20 metros de altura situado na rúa do Viso. “A Valenzá ten un mimo especial para incentivar o comercio”, destacou Victoria Morenza, tenente de alcalde, na presentación da campaña navideña.
A programación do Concello para estas semanas inclúe propostas para pequenos e maiores de diversa índole, dende deporte ata cultura ou comercio. “O noso Nadal é transversal, cheo de actividades. Non é só o alumeado, senón transmitir ledicia, ilusión, deporte e cultura. Queremos que sexa integrador”, sinalou o rexidor, Xosé Carlos Valcárcel.
As tendas de Barbadás poden participar ata o 12 de decembro nun concurso de escaparates navideños. “Haberá premios do xurado profesional e do popular”, explicou Marga Pérez, concelleira de Comercio. Os veciños, coas súas votacións a través da páxina web do Concello, serán quenes decidan os gañadores populares.
Por outra banda, o goberno local impulsa por terceiro ano consecutivo o concurso de portais e xanelas con mellores decoracións, que contou cunha “gran acollida” cidadá nas anteriores edicións.
Un ano máis, o Concello promove o Campamento de Nadal. A proposta estará activa no espazo infantil municipal dende o 25 de decembro ata o 5 de xaneiro, para facilitar a conciliación laboral das familias de Barbadás durante a época festiva. Un total de 40 nenos do concello participarán nesta iniciativa, que “encherá de diversión” os días sen clase, segundo aseguraron dende o goberno local.
A programación de Nadal inclúe unha vintena de propostas culturais, con pezas teatrais, monicreques, cinema, concertos ou maxia. Por primeiro ano, o Concello organiza un festival de panxoliñas que conta coa participación de asociacións musicais e culturais de todo o municipio. “O que se pretende é poñer en valor as súas voces e a súa paixón pola música, somos terra de músicos”, recalcou Ana Peleteiro, concelleira de Cultura. Por outra banda, o goberno local promove unha campaña solidaria de recollida de xoguetes que leva por lema “O teu xesto conta”.
En canto ás visitas, por Barbadás pasarán estas semanas Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos. O día 22 de decembro, Papá Noel percorrerá a avenida de Celanova e recibirá aos nenos no poboado de Nadal. O día 29 será o Apalpador o que visite A Valenzá. Xa o 3 de xaneiro, os Reis Magos visitarán A Valenzá e diversos puntos do municipio, e o día 4, percorrerán Diverlandia, no polideportivo
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último