Os arrieiros son os protagonistas da feira do casco vello de Flores

Un grupo de veciños e amigos do barrio de Flores, núcleo que deu orixe á vila do Arenteiro, organizan iste ano unha nova edición da 'Feira da Pepa Loba', os días 14, 15 e 16 deste mes. Unha actividade que tenta acoller ós mellores profesionais da artesanía de Galicia e doutras comunidades limítrofes, e que terá como base a Eira de Flores cunha adicación especial ós arrieiros.
Roupa, abalorios, cerámica, gravado, xoias e productos gastronómicos son, entre outros, os elementos que veciños e visitantes poderán atopar no casco histórico do Carballiño. Ademais, representaranse esceas das andainas da Pepa Loba, a bandoleira que roubaba para sacia-la fame dos pobres, e un xantar de confraternidade entre artesáns e público.

Te puede interesar