A Diputación de Ourense ofrece axudas a plans de conciliación municipal

Mediante o Programa BenOurense, a Deputación de Ourense ofrecerá axudas para organizar actividades de conciliación durante este verano

Participantes en el campamento de conciliación de A Bola. Foto de archivo.
Participantes en el campamento de conciliación de A Bola. Foto de archivo.

A Deputación financiará proxectos de conciliación e atención á infancia en máis de 50 concellos ourensáns con 230.000 euros. Así o avanzaron onte dende a institución provincial. A concesión destas axudas ten lugar a través do Programa BenOurense Infancia, segundo engadiron.

Unha das iniciativas reparte un orzamento de 115.000 euros entre os dez concellos da provincia que teñen un Punto de Atención á Infancia (PAI) de titularidade e xestión municipal que solicitaron esta axuda. A subvención sufragará os gastos de persoal, de mantemento dos centros e outros custos inherentes dos servizos dos PAI. Estes puntos son centros diúrnos que teñen como fin prestar apoio aos pais e titores de nenos de entre tres meses e tres anos de idade en concellos menores a 5.000 veciños.

Ao mesmo tempo, a Deputación recoñeceu axudas a 47 entidades locais que terán en funcionamento neste 2024 un servizo complementario de atención á infancia. Deste total de concellos, 22 deles recibirán impulso financieiro para servizos de conciliación laboral e familiar desenvolvidos durante o período escolar e que adaptan o seu horario ás necesidades das familias antes ou despois da entrada ou saída dos centros. Outros 21 concellos recibiron subvención para a conciliación durante as vacacións, e por último, catro entidades locais reciben axudas para servizos que funcionan todo o ano.

Contenido patrocinado

stats