Baltar insta a que os beneficios das eléctricas revirtan nos concellos

Manuel Baltar, na reunión da Federación nacional de municipios con centrais hidroeléctricas.
A Deputación organizou unha xornada para explicar ós alcaldes e técnicos os novos aspectos económicos e xurídicos da normativa do hidroeléctrico dentro da reunión da Federación nacional de municipios afectados polas centrais e encoros.
Na súa intevención Baltar dixo que 'as hidroeléctricas xeran uns beneficios que teñen que revertir nos concellos e, por extensión, nos seus cidadáns'. Na provincia son 43 os concellos afectados por presas e encoros.

Te puede interesar